ASOCIACION FOLKLORICA SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO
galego  
inicio santiaguiños boimorto axenda horario noticias multimedia localizacion contacto

Boimorto

Boimorto é un espacio interior e rural, cunhas características territoriais de beleza paisaxista e rico pasado histórico que abocan a unhas vacacións baseadas fundamentalmente no turismo verde, deportivo e cultural, nos que priman o contacto sosegado coa natureza e cos modos de vida rural tradicionais

Concello Asociacions camiño
O Concello Asociacions do Concello Camiño de Santigo
conrobla reices Os nosos amigos
A Conrobla Cantares de Reices Os nosos amigos

A orixe etimoloxica do Toponimo Boimorto parece estar nunha voz sueva que significa 'lugar alto', esta afirmación ten moito sentido debido á elevación media do concello que ronda os 700 metros. Pero xa moito antes, no século I, os celtas construiron castros na zona, dos que se conservan en mellor estado o de Dormea e Corredoiras.

Na epoca romana construese pola zona un ramal secundario da Via Nova que unía Braga con Astorga, da que se ten constancia material gracias ó achado dun miliario Romano do século III no lugar de Vilanova. Posteriormente converteuse nunha das variantes do camiño do norte na peregrinación ó Apostolo Santiago. Esta vía discorre polas actuais parroquias de Ánxeles, Boimil, Boimorto, Sendelle, Brates e Mercurín. E no Pino conflue co camiño do norte orixinario que leva a Santiago.

Durante a epoca medieval Boimorto estaba incluída nas terras nas que exercía a súa xurisdicción o Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Documentos do ano 569 citan a parroquia de Dormea no transcurso dunha adxudicación á sede iriense (Iria Flavia-Padron). Ainda que co paso dos anos pasou a ser posesion do cabido compostelan tras unha doazón de Dona Urraca.

Durante o Antigo Rexime, as actuais parroquias de Boimorto, pertencían á provincia de Santiago, en concreto ás xurisdiccions de Arzúa e Mesía, e baixo o señorio do arcebispado de Santiago. Foi tralas disposicións da Constitución de Cadiz cando as terras de Boimorto pasaron a pertencer ós concellos de Arzua e Mesia, estes á súa vez pertencen a provincia de Santiago, isto continuou así durante ós periódos de vixencia da Constitución 1812-1814 e 1821-1823.

Foi no ano 1835 coa instauración definitiva da administracion municipal cando se estableceu o actual concello de Boimorto, nos terreos e parroquias actuais, adscrito o partido xudicial de Arzúa e á nova Provincia de A Coruna.

Obradoiros 2016 
2016-12-31 - Obradoiros 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Celebración dos 25 anos da agrupación 
2013-09-12 - festa 
Obradoiros 2016 
2016-12-31 - Obradoiros 
Celebración dos 25 anos da agrupación 
2013-09-12 - Festas 
Obradoiro de Canto 
2011-04-09 - Asociación 
VII Certame de Cantares de Reices 
2011-01-04 - Festas 
VII Certame de Cantares de Reices 
2011-01-04 - Festas 
inicio santiaguiños boimorto axenda horario noticias multimedia localizacion contacto
 - © 2011 A.F. Santiaguiños de Boimorto