ASOCIACION FOLKLORICA SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO
galego  
inicio santiaguiños boimorto axenda horario noticias multimedia localizacion contacto

Boimorto

Boimorto é un espacio interior e rural, cunhas características territoriais de beleza paisaxista e rico pasado histórico que abocan a unhas vacacións baseadas fundamentalmente no turismo verde, deportivo e cultural, nos que priman o contacto sosegado coa natureza e cos modos de vida rural tradicionais

Concello Asociacions camiño
O Concello Asociacions do Concello Camiño de Santigo
conrobla reices Os nosos amigos
A Conrobla Cantares de Reices Os nosos amigos

camiño de santiago

Moitos son os camiños que nos levan a Santiago e aínda que o Camiño Francés é a ruta por excelencia, outros non son menos importantes.
O Camiño Norte é mais antigo. As primeiras peregrinacións, chegaron de Asturias antes do século X, fomentadas pola monarquía asturiana.
Esta ruta entra en Galicia por Ribadeo, pasa por Mondoñedo, a Terra Chá e despois de Sobrado dos Monxes, discorre polo noso Concello, ó longo do Camiño Real (Vía Romana).
En Boimorto, divídese en dúas ramas: unha por Sendelle (1), sae a Arzúa; e outra cara á Mota (2), incorpórase ó Camiño Francés en Labacolla.

camiño do norte

O Camiño vai ó longo da estrada, xa non quedan camiños nin corredoiras. Principiámolo en Ponte – Madelos; dende ali, pola dereita, sae a Presa dos Ánxeles. paralela á estrada uns 600 metros. Crúzaa. e vaise alonxando debuxada polas especies de ribeira, ata completar os dous quilómetros de recorrido.

A vexetación é frondosa:freixos, castiñeiros, ameneiros, eucaliptos..

O trazado revisouse e coa fin de quitalo da estrada, entra á beira do Monte dos Castros, despois de atravesala ponte, ven saír onda O campo de futbol. Un pouco máis adiante, á esquerda, queda o lugar onde se asentaba o Castro.

Pasado o cruce, seguimos en dirección a Arzúa. En Boimil atravesamo-la aldea pola estrada vella, pasando diante da Igrexa, de torre cuadrangular (reconstruída).

camiño

Incorporámonos de novo á vía principal. Camiñando uns metros vemos á dereita, ó fondo, a vella telleira artesanal, abandonada, e a barreira. O pouco chegamos á entrada da vila, onde nos recibe unha área de descanso con vellos carballos e fonte. Logo, o Concello na Vilanova, que é zona moi poboada arredor do cruce, cara a Lanzá (dereita).

O longo dos Asientos, lugar con varios chalets e casas de recente construcción, que conviven con anti-gas casonas, chegamos ó Campo do Rosario, onde está o Colexio (esquerda), asentado sobre o que foi un castro celta; e á dereita, fondo, a igrexa parroquial e o cemiterio.

No Real iníciase a zona comercial; unha pista á esquerda lévanos a Casal di Munín. Despois do Cuartel da Garda Civil baixamos pola Gándara Desviámonos á esquerda, onde a Caixa Galicia para entrar nun lugar entra hable (a antiga feira), con carballos, e a Casa da Cultura.

De frente o parque, con fonte, pista polideportiva e o Centro Médico.

camiño

(1) Á esquerda collemos cara Sendelle entre fragas (desaparecendo).

Dende Franzomil obsérvase unha ferrnosa panorámica. Baixamo-la Costa dos Morís deixando a' esquerda o lugar do Castro (destruído). Máis abaixo hai un pozo.

Aquí empatamos coa ruta de Sendelle chamado Camiño Primitivo, pasaremos por diante da Igrexa Románica do fins do século XII, que conserva a ábsida semicircular porque a nave foi ampliada e reformada no seculo XVIII. Recomendamos a todolos peregrinos parar a disfrutar das pinturas de gran valor historico e artistico que posee tanto na ábsida coma no resto da igrexa. Continuando pola pista cara Galiñeiras seguindo entre praderias e plantacions de piñeiros, bidueiros, castiñeiros, carballos… Introdúcese no Concello de Arzua e cruza a estrada onda a Casilla da Trapa.

(2) Se seguimos de frente temos a 1,4 Km o campo de Futbol e a piscina municipal a dereita.

Séguese entre eucaliptos e praderías. Hai algunha granxa, o vertedoiro, poucas vivendas e os cruces coas pistas das parroquias: Cardeiro, Brates, Buazo..

A vexetación mais interesante poida que sexa a das silveiras, a das sebes e cunetas, onde aínda queda algún carbalio, castiñeiro, espiño albar, xestas, toxos.

camiño

Dende Boimorto podernos visitar lugares, como o Boído (á esquerda da ígrexa), o Rego do Pazo e o Pazo de Vieite precedido dunha fermosa carballeira. (na estrada de fora).

No edificio do Concello disfrutaremos da observación do Mural de Suso de Marcos e do Miliario Romano do seculo III.

Parándonos a falar coa xente podemos enterarnos de como eran as feiras, de que aquí pasou un tempo Armando Cotarelo Valledor, do que pasou na guerra civil, da grandeza dalgunhas casas e a decadencia, das miserias doutras e como se ergueron, e da vida, das xentes, da historia da vila.

Obradoiros 2016 
2016-12-31 - Obradoiros 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Cea de agrupación  
2013-10-26 - festa 
Celebración dos 25 anos da agrupación 
2013-09-12 - festa 
Obradoiros 2016 
2016-12-31 - Obradoiros 
Celebración dos 25 anos da agrupación 
2013-09-12 - Festas 
Obradoiro de Canto 
2011-04-09 - Asociación 
VII Certame de Cantares de Reices 
2011-01-04 - Festas 
VII Certame de Cantares de Reices 
2011-01-04 - Festas 
inicio santiaguiños boimorto axenda horario noticias multimedia localizacion contacto
 - © 2011 A.F. Santiaguiños de Boimorto